Recordade que é posible adquirir a camiseta da serie no pub "O Desquite", na rúa do Tren de Monte Alto (A Coruña).
Tamén están á venda na Cova Céltica, no Orzán en A Coruña ou en Kamisetas Lokas en Ramón de la Sagra (Preto da Praza de Vigo), na Coruña ou na tenda de roupa Carfin, en Ponteceso
ATENCIÓN!! O EQUIPO DE PARA MARIÑEIROS NÓS BUSCA GUIONISTA. Mandade un guión para un sketch da serie e os autores daqueles que máis nos gusten poderán entrar a formar parte do noso equipo. O tema é totalmente libre e a única condición é que apareza Pinto, Cobiñas ou os dous.

Xa están á venda as camisetas de "Para mariñeiros nós". Se queredes unha, contactade con nós en correlofilmes@gmail.com , ou ide á cervexaría A Cova Céltica, no número 82 do Orzán, na Coruña
Pois si amigos, xa podedes gozar dos novos capítulos da serie, na nova televisión autonómica: V Televisión.
Volven personaxes míticos como Ricardito e aparecen outros novos, como Raimundo o taberneiro, o cego Ramiro da Castiñeira, Generosa, El Tío Pío...
Sintonizade de novo o voso aparato de TDT se aínda non dispoñedes da nova canle e gozade da serie de luns a xoves ás 20:50. O venres ás 21:30h, ademáis, emítese un capítulo especial que recolle todos os da semana máis un novo. O domingo repoñerase este capítulo ás 21:30 h. Andade atentos porque esta hora dos domingos é aínda provisional.
Se a pesar disto, perdedes algún capítulo, sempre os podedes ver a través de internet, no seguinte enlace:
http://www.vtelevision.es/programas/paramarineros/2010/03/30/00331269973830491812397.htm
Se queres facerte fan no feisbuk:
http://www.facebook.com/home.php?#!/pages/PARA-MARINEIROS-NOS/106501912714083
Ante o interese de diversas cadeas de televisión, "Para mariñeiros nós" volve cunha nova tempada, esta vez cun equipo de rodaxe propio e máis amplo.
Xa se gravaron ata cinco capítulos na localidade de Corme que se poderán ver antes do final de abril. Títulos como "A bendición", "Capadores" ou "O berro adorecido", farán escachar coa risa aos espectadores.
Entre as novas incorporacións destacan a presencia de Vicente de Souza, no papel de Raimundo, o taberneiro, así como a volta de personaxes como Ricardito, o sobriño de Cobiñas, interpretado polo actor Pedro Brandariz.
"Para mariñeiros nós", a serie que fala sobre as aventuras e case sempre desventuras de Pinto e Cobiñas, dous mariñeiros da Costa da Morte, crea tantas expectativas, que logrou reunir a máis de 1000 fans no facebook en tan só unha semana. Na páxina do facebook hai máis fotos, a nova sintonía, así como un politono para o móbil. Para o que queira facerse fan, deixamos un enlace:
http://www.facebook.com/pages/PARA-MARINEIROS-NOS/106501912714083?ref=mfhttp://www.facebook.com/pages/PARA-MARINEIROS
Pronto poderedes adquirir tamén as xenuinas camisetas da serie.
"Para mariñeiros nós" está acadando cada vez máis popularidade. Algún dos capítulos sobrepasa as 13000 entradas en youtube. A pesar de que este proxecto naceu para emitirse por internet, o salto á televisión é inminente.
Compañeir@s, se queredes ver os capítulos coa máxima calidade, xa o podedes facer no portal de series yonkis. Aquí vos deixamos o enlace:
www.seriesyonkis.com/serie/para-marineiros-nos/
Por certo, tamén podedes ver o novo capítulo, "O Chosco". Nestas datas tan sinaladas, onde a felicidade atópase nos cartos que dá a lotaría, o Capitán Cobiñas proba tamén sorte no xogo, pero o problema é que aposto con Manolo o Chosco, o mellor xogador da vila.
http://www.youtube.com/watch?v=lQ_QYdsuP3g&feature=channel
Por fin, aquí está, despois dunha estrea espectacular en Carballo, con grandes ovacións do público, podedes ver xa o capítulo número 13 da serie. Aí quedades con el
http://www.youtube.com/watch?v=2eL6OTIse1g
Este venres ás 20:30h no Pazo da cultura de Carballo estrenamos. Aquí podedes ver algunhas fotos da rodaxe que vos poden crear algunha que outra expectativa. Vinde todos á gala de estrea, onde poderedes invitar a coñac toda a noite a Pinto e Cobiñas en persoa!!
Pois si, os días 29 e 30 de agosto estaremos gravando unha nova entrega da serie. Será na feira do libro de Carballo. Pensamos que é unha temática que vai moito cos personaxes. O novo capítulo titúlase "Na bágoa da marea" e se gravará no pub "A Reserva". Eso será o día 29. Pra o día 30 temos previsto gravar na feira do libro. Neste capítulo haberá algunha sorpresa que todavía non podemos desvelar. Teredes que esperar a velo!
Xa voltamos de Ribadeo cun novo capítulo titulado "O sobriño" que fixo gozar ao numeroso público asistente á estrea. Dentro de moi pouco subirémolo á rede.
O trato nesta vila por parte do Concello como da productora "Mr Misto", organizadora do festival, foi exquisito. Foi unha fin de semana moi agradable para o equipo de Para mariñeiros nós.
Dicir tamén que abrimos outro blog onde tedes un acceso máis cómodo a todos os capítulos: http://paramarinheirosnos.blogspot.com/

Pois si, a finais do mes de xullo, o equipo de "Para mariñeiros nós" desprázase á Ribadeo pra gravar un novo capítulo. Os fans da serie cada vez son máis, e as visitas á web tamén.
Despois das boas críticas recibidas polo último capítulo, "Baixo coeficiente", esperamos superarnos no seguinte. Por iso, Omar e Suso xa se puxeron a traballar na escrita de guións para a 3ª temporada, onde aparecerán novos personaxes e algunhas caras coñecidas da TVG.
O capítulo en Ribadeo farase dentro do Festival ON OFF 09, que como cada ano fai deste lugar un sitio idóneo para ver e facer cine, así como outras moitas diversas actividades.
Esperamos rachar ca pana!!
Xa podedes ver o novo capítulo "Baixo coeficiente", promocionando a XVII festa do percebe do Roncudo de Corme.
Ídevos preparando, porque tras o exitazo de "Náufrago", PARA MARIÑEIROS NÓS traballa xa na preprodución dun capítulo especial para a Festa do Percebe do Roncudo, en Corme.

Xa podedes ver o capítulo que pecha a 2ª tempada: NÁUFRAGO. Tal como escribiamos no anterior post, este capítulo é ao mesmo tempo unha promo pra o festival "Con V de Valarés" que terá lugar en Valarés (Ponteceso) o vindeiro 27 de xuño.
http://www.youtube.com/watch?v=tDc3LYiwilY
Con motivo do "Festival con v de Valarés", que terá lugar o próximo 27 de xuño, o grupo de "Para mariñeiros nós" gravou un capítulo que funcionará de promoción para dito evento. Dentro duns días subirémolo á web. Este capítulo será o derradeiro da 2ª tempada e moi cedo comezaremos ca 3ª, onde haberá novas sorpresas, novos personaxes e coñeceremos máis cousas acerca da vida de Pinto e Cobiñas.
Se queredes visitar a páxina do festival pinchade aquí :
http://www.convdevalares.com/
Dentro do festival haberá un apartado chamado "Valarés visión" onde se proxectará toda a nosa serie. Así que xa sabedes, para os que queirades gozar con boa música e rir un bo anaco con Pinto e Cobiñas, vémonos en Valarés (Ponteceso), o 27 de xuño. Hai actividades durante todo o día.
O grupo de "Para mariñeiros nós" abrirá en breve accións legais contra Esquerda Unida polo seu plaxio na campaña das europeas. Comparade senón este vídeo co capítulo 9 de "Para mariñeiros nós". Que pouca imaxinación oh!
http://www.youtube.com/watch?v=fvYIafneKRw&feature=related
Que forte colega!
Hoxe, martes 12 de maio, proxectarase a nosa serie completa na lonxa nova de Corme, dentro da Semana Cultural en Corme, que artella a Asociación Eduardo Pondal de Corme.
Os seus creadores estarán presentes para falare de como se fixeron as pezas e algunhas anécdotas relacionadas coas gravacións.
Por certo, a nosa páxina web, aínda en construción é: www.paramarinheirosnos.tk
Non pensedes que morrimos, non, seguimos traballando. De feito estamos rematando de confeccionar a nosa propia web. Ademáis de estar coa preproducción de "A caída da paletilla", que se gravará en Vigo e abrirá a 3ª tempada de Para mariñeiros nós, traballamos tamén nun novo e sorprendente guión. Trátase dun western. Terá tódolos ingredientes dunha película do Oeste, só que mellorada, xa que os protas son, claro está, Pinto e Cobiñas. Un dato de interese, nesta nova peza recupérase a Santiño de Cabeiro que encarnaba en Chamábanlle Feáns, a Jarri, o poli corrupto.
Deixovos aquí co trailer que fixemos de Eu tamén quero coñac, pra inscribilo no Festival de cine de Ourense. Eu penso que aínda van flipar un anaco con el.
http://www.youtube.com/watch?v=9sJm5ozCt-Q
A ver oh, Omar Compota meteu DA MAN DA RAÍÑA VERMELLA, unha curta súa ,nun concurso. Se vos justa, votádelle. Solo hai que rexistrarse e puntuar, que non leva nin 30 sejundos.
Aquí ta a dirección do festival: http://www.xauax.com/video/da_man_da_rainna_vermella
Pero ollo! non ver a curta aquí, se queredes vela con calidá boa, ide a flocos. Aquí tendes a dirección.
http://flocos.tv/curta/da-man-da-rainha-vermella/
Ala, dentro de pouco xa vos contaremos o que andamos arjallando, que creo que vos vai justar dabondo.
Si, por fin podedes disfrutar deste capítulo especial!!, aquí tendes o enlace :
http://www.youtube.com/watch?v=NIZ1Pol7eDo
Tan só quedan uns días para a estrea do novo capítulo, que leva por título "Campaña". Estase rematando de facer a música. Por certo, o compositor é Dani G. Artés, un chaval con moito talento. Aquel que precise boa música para os seus proxectos, pode contactar con el : dgartes@hotmail.com.

Pois si, estamos preparando un capítulo especial dedicado as vindeiras eleccións. Contribuimos así ,ao noso xeito, á campaña electoral e nos metemos de cheo no panorama político actual.
Todo isto, mentres seguimos coa preproducción do que será o mellor capítulo da serie: "A caída da paletilla"
Recordar que "Para mariñeiros nós" é a serie galega que se pode ver en internet, na páxina www.youtube.com. Deixovos aquí os enlaces aos capítulos:
CAPÍTULO 8: FACENDA SOMOS CASE TODOS:
http://es.youtube.com/watch?v=o0aJE38akQw
CAPÍTULO 7: EU TAMÉN QUERO COÑAC
http://es.youtube.com/watch?v=CQyttSleiTE
CAPÍTULO 6: POR QUE CHOVE
http://es.youtube.com/watch?v=62F3lZvgb8A
CAPÍTULO 5: O BOTELLÓN
http://es.youtube.com/watch?v=FLS8NzRzirI
CAPÍTULO 4: A MORTE TEN UN PREZO (200€)
http://es.youtube.com/watch?v=hggjT6jkumo
CAPÍTULO 3: MATREROS DE MEDIANUITE
http://es.youtube.com/watch?v=yPvoYkrERgE
CAPÍTULO 2: A CRISE DA PESCA
http://es.youtube.com/watch?v=pWgDPeclgzA
Tamos imparables!! O outro día o projama onda curta fixo un monojráfico da nosa serie. Puxeronse Matreros de medianuite, a morte ten un prezo (200€) e eu tamén quero coñac. E en nada xa vamos tar jravando en Vijo ca participación da nosa musa, esa muller que nos volveu a todos tolos vendo como comía uvas en sempre xonxa: a jran Uxía Blanco!! que como boa actriz que é, interesouse polo noso proxecto.
Que mellor cousa para rematar o ano que cunha nova entrega de "Para mariñeiros nós". Neste capítulo, titulado "Facenda somos case todos", falarase acerca da misteriosa historia de Xisco Matamulas. http://es.youtube.com/watch?v=o0aJE38akQw
Un saúdo.
Omar Rabuñal Varela, "Compota".
Xa sabedes, que temos as pezas coljadas no yutub. Tedes os enlaces aí a direita da página. Que vos aproveiten
O outro día jravamos en Petín. Mecajinaostia, tres horas de camiño polo medio da neve, a 20 por hora pola altovía. Menos mal que o chejar alá nos acolleron como fillos adoptivos no bar doble cero. O capitán Cobiñas iba aljo perjudicado e ó dereito. O moi cabrón non se quería levantar da cama. Houbo que esperar a que se lle baixara o cajallón dúas horas pra jravar o primeiro plano. Nesta nova entreja contamos ca colaboración especial de Alejandro Carro no papel de "chaval acojonado e tremendo como unha vara verde"
E alí tuvemos, co noso amijo Lixo, tomando unhas servesas e entre servesa e servesa, fasiamos unha toma. Nunha das fotos podemos ver a Cobiñas no momento de realizar o paso de baile que tanta fama lle deu nos anos 80, o famoso "pierna volanta". Fasiao mentras sonaba unha canción dos Ovnis, mítico jrupo de Petín.
Por cierto, unha cousa é A Rúa, e outra Petín, e a rúa de petín, pois disir, que en Petín hai varias, e nunha delas, catro bares sejidos.

Xa temos bloj. Fasianos moita falta porque non paran de chejar mensajes prejuntándonos por cousas da serie. Queremos abrir tamén un espacio jüebcam, pa que poidades falar con Pinto e mailo Capitán Cobiñas. Será tódolos viernes e sábados, a partir das 5 da meñán, desde a taberna "A pata de pau", que ten jüifi.